Bolsas e prácticas profesionais
Organismos privados

FUNDACIÓN LA CAIXA – AXENCIA EFE. BOLSAS DE PRÁCTICAS DE XORNALISMO

A Fundación Caixa de Aforros e Pensións de Barcelona e a Fundación EFE convocan un total de 15 bolsas destinadas a alumnos de último curso de grao ou licenciatura en Xornalismo e/ou Comunicación Audiovisual para realizar prácticas formativas na Axencia EFE.
Requisitos
  • Ter a nacionalidade española.
  • Estar matriculado en último curso de grao ou licenciatura en Xornalismo e/ou Comunicación Audiovisual cun mínimo de 30 créditos por cursar.
  • Ter un bo expediente académico.
  • Dominar o castelán e a lingua propia da comunidade autónoma.
  • Bo nivel de inglés e, no seu caso, do idioma necesario para realizar as prácticas nas delegacións internacionais da Axencia EFE con títulos acreditativos.
  • Non ser titutlar doutra beca ou axuda económica doutro organismo ; quedando exentas deste requisito as bolsas de colaboración e axudas que poida conceder o Ministerio a quen corresponda a concesión de bolsas, en relación ao pago das tasas de inscrición. 
Lugar
Nas delegacións da Axencia EFE en España (Alacante, Barcelona, Bilbao, Málaga, Murcia, Pamplona, Santiago de Compostela, Sevilla, Tenerife, Valencia e Valladolid) e nas delegacións internacionais (Europa, países iberoamericanos, América do Norte, África e Asia).
Prazos de solicitude
Un mes a partir da publicación da convocatoria, que adoita ter lugar a mediados do ano.

No 2020, a convocatoria pechou o prazo en setembro. 
Proceso de selección
O proceso de selección consta dunha proba escrita e unha entrevista persoal co comité de selección.

Para máis información: https://fundacionlacaixa.org/es/educacion-becas/otras-becas/periodismo

Duración e contía
A duración total é de 18 meses, desenvolvéndose en dous períodos:
  • O primeiro, de nove meses, nas delegacións da Axencia EFE en España; e
    O segundo período, tamén de nove meses, nas delegacións internacionais da Axencia.
A bolsa comprende unha axuda de estudos (650€/mes os primeiros nove meses e 1.300 €/mes durante as prácticas internacionais), unha axuda para o desprazamento (500€ para os destinos europeos e 1.000 € para o resto), a matrícula no Máster de Periodismo Internacional da UNED e a Axencia EFE, e un seguro multiasistencia de viaxe.
Ultima actualización: 16-10-2020
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir