Bolsas e prácticas profesionais
Organismos públicos galegos

DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA. CONVOCATORIA "O TEU PRIMEIRO EMPREGO"

A deputación de Pontevedra puxo en marcha o plan "O teu primeiro emprego" para facilitar que as persoas tituladas universitarias e de ciclos superiores poidan acceder a un primeiro emprego adecuado ao seu nivel de estudos, adquirindo experiencia profesional e facilitando a súa inserción no mercado laboral. 
A deputación conta coa colaboración de concellos, empresas, corporacións sectoriais e organizacións non gobernamentais para a realización deste programa. 
Requisitos
  • Estar en posesión de título universitario ou de formación profesional de grao superior ou títulos oficialmente recoñecidos como equivalentes, de acordo coas leis reguladoras do sistema educativo vixente, que habiliten para o exercicio profesional.
  • Que no momento da contratación non transcorreran mais de cinco anos, ou de sete cando o contrato se celebre cunha persoa con discapacidade, dende a terminación dos correspondentes estudos.
  • Non ter experiencia laboral previa na titulación obxecto do contrato (nos grupos de cotización 1 ou 2 para titulacións universitarias e grupos 3 ou 5 para ciclos superiores) ou non haber estado dado de alta como persoa autónoma en actividades relacionadas coa titulación, por tempo superior a 6 meses ou 182 días.
  • Non haber estado contratado en prácticas por tempo superior a 6 meses nin estar contratado en prácticas no momento da selección, nalgún dos programas de “O Teu Primeiro Emprego”.
Lugar
Concellos, empresas e organizacións non gubernamentais da provincia de Pontevedra. 
Prazos de solicitude
A publicación no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra realízase nos meses de maio a xuño. 
Proceso de selección
O proceso de selección e a valoración de méritos detállase en cada unha das convocatorias, variando en función do destino das prácticas (se é concellos, empresas...). 

Consulta toda a información no seguinte enlace: https://www.depo.gal/o-teu-primeiro-emprego
Duración e contía
A duración non poderá ser inferior a seis meses nin superior aos dous anos. 

A contía máxima para titulados/as universitarios/as é de 1.000/mes e para titulados/as de ciclos superiores de 950€/mes. 
Ultima actualización: 19-10-2020
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir