A Dirección xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia convoca catro bolsas de formación para a realización de actividades dentro das súas competencias, integrando no plan formativo aspectos relativos á actividade comercial, o estudo e análise da pequena e mediana empresa comercial, o sector da distribución e as estruturas comerciais, así como a artesanía.
Requisitos
- Presentar a solicitude segundo o anexo á convocatoria.
- Ter nacionalidade española ou doutro Estado membro da UE
e estar domiciliado en Galicia.
- Acreditar un coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4.
- Estar en posesión dun título universitario de licenciado/a, arquitecto/a, enxeñeiro/a, e ter rematados os estudos
conducentes no ano 2009 ou posterior.
- Declaración de non percibir outras subvencións, bolsas, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como soldos ou salarios que impliquen vinculación contractual ou estatutaria das persoas interesadas.
Lugar
Na
Dirección xeral de Comercio e Consumo da Consellería.
Prazos de solicitude
Convócanse xeralmente no
segundo trimestre do ano (DOG).
Proceso de selección
Duración e contía
Cada bolsa estará dotada
con 10.800€ brutos, distribuídos en pagamentos mensuais, a razón de 900€ por
mes.