Bolsas e prácticas profesionais
Organismos públicos galegos

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL. PROGRAMA GALEUROPA. PRÁCTICAS FORMATIVAS

A Consellería de Política Social convoca, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, estas axudas para a realización de prácticas formativas non remuneradas en empresas de Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Chipre, Croacia, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Irlanda, Islandia, Italia, Letonia, Liechtenstein, Lituania, Luxemburgo, Malta, Noruega, P. Baixos, Polonia, Portugal, Azores, Madeira, R. Checa, R. Unido, Romanía, Suecia e Turquía.
As bolsas teñen como finalidade apoiar a formación da mocidade galega mediante a mellora da súa empregabilidade, de xeito que poidan constatar unha práctica formativa no estranxeiro como parte do currículo.
Requisitos
  • Estar inscritos/as no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. 
  • Ter entre 16 e 30 anos. O requisito de idade debe cumprirse no momento de solicitar a inscrición no ficheiro do SNGX. 
  • Ademais dos requisitos anteriores, en coherencia coa citada Lei 18/2014 deberán cumprir: 
    • Non ter traballado nos trinta días naturais anteriores ao momento de recibir a actuación. 
    • Non ter recibido accións educativas que comporten máis de corenta horas mensuais nos noventa días naturais anteriores ao momento de recibir a actuación. 
    • Non ter recibido accións formativas que comporten máis de corenta horas mensuais nos trinta días naturais anteriores ao momento de recibir a actuación. 
Lugar
No país da Unión Europea seleccionado poloa persoa solicitante.
Prazos de solicitude
Os prazos de solicitude serán os que estableza cada convocatoria, normalmente a partir do día seguinte á publicación da resolución de beneficiario/as na páxina web da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
Proceso de selección
Duración e contía
A estadía será dun mínimo de 2 meses e máximo 3 meses consecutivos. 

A contía da axuda variará en función do país no que se realicen as prácticas, tendo dereito a solicitar un anticipo do 80% da axuda. Establécese, ademais, unha axuda para o apoio lingüístico. 
Ultima actualización: 19-10-2020
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir