Traballar no exterior
Outros organismos internacionais
Á marxe dos programas de prácticas e de Mozos Expertos, o Banco Mundial ten unha política activa de contratación. O persoal do Banco Mundial traballa cos gobernos dos países en desenvolvemento en diversas áreas.
Postos
Os perfís máis buscados son economistas, educadores, científicos ambientais, analistas financeiros, antropólogos e enxeñeiros. Ademais, deben ser cidadáns dun estado membro do Banco Mundial. As ofertas publícanse na páxina web. Requírese titulación universitaria, certa experiencia previa e idiomas, sempre dependendo do posto.
Lugar
O traballo ten lugar na sede do Banco Mundial en Washington ou, no seu defecto, onde se desenvolvan os proxectos.
Prazos de solicitude
Proceso de selección
O proceso comeza co envío de CV e solicitude, para logo ser entrevistado e negociar as condicións sobre cóimo comezar a traballar.

O proceso non aparece detallado nos criterios.
Ultima actualización: 20-02-2019
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir