Bolsas e prácticas profesionais
Organismos privados

FUNDACIÓN CAIXA DE ARQUITECTOS BOLSAS ARQUIA

As bolsas pretenden ofrecer ós estudantes de arquitectura ou mozos arquitectos a posibilidade de realizar prácticas profesionais en estudos europeos de arquitectura.
Requisitos
Para estudantes:
  • Ter superado, nalgunha escola española de arquitectura, como mínimo o 60% dos créditos para obter o título de arquitecto.
  • Estar matriculado nalgunha escola española de arquitectura no momento da convocatoria.

Para arquitectos: 
  • Obter o título de arquitecto nalgunha escola española de arquitectura despois do 30 de abril do ano da convocatoria.
  • Non poderán optar á bolsa aqueles candidatos que gozaran dunha bolsa da Fundación Caixa de Arquitectos anteriormente.
Lugar
Estudos de arquitectura de España e da UE de recoñecido prestixio.
Prazos de solicitude
No primeiro cuatrimestre do ano seguinte ao da convocatoria.
Proceso de selección
Existen dúas modalidades asignadas: mediante expediente académico e concurso. Para asegurar a distribución xeográfica das bolsas, pondérase o número de inscricións válidas recibidas por centro e modalidade.
  • Expediente académico: Os candidatos serán seleccionados en virtude do seu expediente académico. Este valorarase pola media das notas obtidas nas materias superadas da carreira, así como pola media das notas obtidas nas materias superadas de Proxectos (a tal efecto consideraranse todas as que dependan do Departamento de Proxectos Arquitectónicos). As notas medias serán calculadas polo solicitante segundo se especifica nas bases da convocatoria. A solicitude realizarase a través da súa web e non se admitirán documentos nin outro material distinto ao da inscrición.
  • Concurso: Os estudantes serán seleccionados en virtude do material enviado a concurso sobre o tema proposto, que varía cada ano.
Máis información en: www.arquia.es/becas
Duración e contía
Durante o período de prácticas, a Fundación Caixa de Arquitectos subvencionará ao bolseiro cunha dotación económica segundo o destino, ademais do custo da viaxe. Así mesmo, a Fundación proporcionará ao bolseiro cobertura nos termos da póliza de asistencia en viaxe.
Ultima actualización: 16-10-2020
¿Detectou un erro nesta páxina?
Compartir