Requisitos
- Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun
Estado membro da Unión Europea.
- Estar en posesión do título de licenciado/a ou de grao esixido no proxecto para o que presenten a solicitude, e ter
rematado no curso académico 2008-2009 ou posterior.
- Acreditar o coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4, excepto para aqueles que poidan acreditar a posesión do título de licenciado/a en Filoloxía
Galega ou grados equivalentes.
- Non resultar beneficiario en concursos anteriores ou
contratos no centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- Posuír unha nota media no seu expediene académico igual ou superior a 7 puntos.
Lugar
No
centro Ramón Piñeiro (Santiago de Compostela).
Prazos de solicitude
O prazo de presentación das solicitudes será dun mes, que se contará a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria
no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos, entenderase que o prazo vence o día
cuxo ordinal coincida co que serviu de partida, que é o de publicación no Diario Oficial de
Galicia e, se fose festivo, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.