Previamente á validación, deberanse achegar, en formato electrónico, o formulario de solicitude e todos documentos avaliables non obrigatorios: certificado de empadroamento nun municipio da provincia de Ourense; xustificante acreditativo de obter o título académico no Campus de Ourense (Universidade de Vigo) ou no centro asociado da UNED en Ourense, e certificado acreditativo da discapacidade do solicitante igual ou superior ao 33%.
Para máis información:
http://becasinternacionais.depourense.es
As bolsas teñen unha duración media de 14 semanas e o importe
difire en función do país de destino.