Todos
os aspirantes que presenten a súa solicitude dentro de prazo, serán convocados
a unha proba eliminatoria de inglés e dos idiomas adicionais indicados na
solicitude, que constarán dunha parte escrita e outra oral, na data, hora e
lugar de realización que se comunicará no taboleiro de anuncios e na páxina web
do Igape.
De
entre os candidatos admitidos, os cen que tiveran obtido mellor puntuación
global serán convocados a unha entrevista persoal.
Para
máis información:
http://www.igape.es/es/sair-ao-mercado-exterior/formacion
A duración inicial da bolsa establécese nun máximo de doce meses contados desde a
data de comezo que para tal efecto fixe a resolución de concesión. E poderán ser prorrogadas
polo Igape por un máximo de ata doce meses adicionais en función da necesidade
de finalizar ou completar unha parte da formación que xa tivese comezado ou estivese a
piques de comezar.
O importe máximo de subvención por bolseiro é de 42.000 € por un período de 12 meses
ou a súa parte proporcional en función do período da bolsa. As dotacións variarán
segundo o destino e o número de meses de estancia en Galicia e no estranxeiro. Desta
subvención detraeranse a correspondente retención fiscal e a cota por cotización á Seguridade
Social aplicables segundo a lexislación vixente.